Samsung Galaxy J5, un novo smartphone con flash para selfies
martes, 21 de xullo do 2015
A aposta polos selfies
dende o móbil parece imparable, a tras a carreira por incrementar a resolución
das cámaras frontais, chega agora a teima por integrarlles un flash de seu
optimizado para ser suave e asà achegar a luz necesaria para que poidamos
retratarnos en interiores sen grande problema. Iso levou a Samsung a lanzar
estes dÃas en Corea do Sur o seu novo
Galaxy J5, un terminal con pantalla Super AMOLED de 5 polgadas, procesador
de catro núcleos a 1,2 GHz, 1,5 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno e
baterÃa de 2.600 mAh que destaca pola súa cámara frontal de 5MpÃxeles con
grande angular (de 120 graos) e flash LED. A cámara traseira, loxicamente tamén
con flash, conta pola súa banda cunha resolución de 13 MpÃxeles (cunha apertura
f/1.9).
Este novo terminal sae á venda por 297.000 wons (236,90 euros) aÃnda que non
podemos esperar que saia directamente fóra do mercado xaponés, senón que terÃa
que facelo nunha variante internacional, xa que este terminal está adaptado
para recibir o sinal da TDT móbil que teñen en Corea.
Con este tipo de smartphone Samsung pretende achegarse a usuarios de a pé, que
non buscan dispositivos de alta gama, pero si queren tomar boas fotografÃas e
poder gozar dun dispositivo versátil.