Samsung Indonesia desvela as especificacións dos Galaxy A6 e A6+
luns, 30 de abril do 2018
AÃnda que Samsung non presentou oficialmente os seus novos
smartphones Galaxy A6 e A6+, na súa páxina web en Indonesia estes
terminais xa aparecen coas súas especificacións completas, de xeito que xa
podemos coñecer en profundidade o que achegarán estes móbiles que prometen
converterse nos grandes referentes da gama media ao sumar unha boa fabricación
e elegante deseño cunhas prestacións máis propias de terminais de alta gama de
hai uns meses.
Os novos teléfonos teñen pantallas con relacións de aspecto 18,5:9, de xeito
que o seu grande tamaño non ten un grande impacto na súa anchura, conseguindo
un agarre confortable. Tamén contan cun lector de pegadas dixitais na súa parte
traseira, despexando asà tamén bastante espazo da súa parte frontal, na que
teremos pantallas Super AMOLED e cámaras con apertura f/1.9 e a posibilidade de
optar por empregar flash de pantalla
ou flash LED para conseguir uns selfies
correctamente iluminados.
O Samsung Galaxy A6 serÃa un teléfono un tanto limitado, principalmente pola
súa pantalla de 5,6 polgadas cunha resolución de 720 x 1480 pÃxeles, que na súa
parte traseira contarÃa cunha cámara de 16 MpÃxeles con apertura f/1.7, mentres
que a súa cámara frontal de 16 MpÃxeles terÃa unha apertura de f/1.9. O seu
procesador de 8 núcleos operarÃa a 1,6 GHz, contarÃa con 3 GB de RAM e 32 GB de
almacenamento (ampliable mediante tarxetas de até 256 GB) e a súa baterÃa serÃa
de 3.000 mAh. Temos asà un dispositivo que vai dirixido principalmente aos que gustan
do seu deseño, pero non son esixentes en prestacións.
O Samsung Galaxy A6+, pola súa banda, é xa un teléfono moito máis completo,
cunha pantalla de 6 polgadas cunha resolución de 1.080 x 2.220 pÃxeles (ou
sexa, Full HD+), cámara traseira dual de 16 MpÃxeles (f/1.7) e 5 MpÃxeles
(f/1.9), cámara frontal de 24 MpÃxeles (con apertura f/1.9), procesador de 8
núcleos a 1,8 GHz, 4 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxetas de memoria de até 400 GB) e baterÃa de 3.500 mAh. Un terminal que claramente
poderiamos ver como unha versión económica do Galaxy S9+, e que probablemente
chegue a ser un dos grandes éxitos de Samsung en mercados como o español, onde
é previsible que teña un prezo inferior aos 400 euros.
- As diferenzas entre o Galaxy A6 e o A6+ van máis aló do tamaño, de xeito que case pertencen a gamas totalmente diferentes