Samsung adelgaza os seus reprodutores de Blu-ray 3D
martes, 28 de decembro do 2010
Samsung
Electronics anunciou que no Consumer Electronics Show (CES), que terá lugar a
primeiros de xaneiro en Las Vegas, vai presentar o seu reprodutor de Blu-ray 3D
máis delgado, que consegue achegar unhas prestacións realmente avanzadas cun grosor de
só 23 milÃmetros e un deseño moi atractivo.
Polo momento non coñecemos nin o nome, nin o prezo, nin a data de lanzamento
deste novo trebello, pero xa sabemos que permite ver contidos en 3D á vez que converte
as imaxes en 2D en cuasi-3D,
cunha tecnoloxÃa que busca asà compensar a falta de contidos estereoscópicos
que hai no mercado. Tamén conta con prestacións avanzadas que facilitan a súa conexión con Facebook, Twitter e YouTube.