Samsung amplÃa a conectividade por satélite dos Galaxy a nivel internacional
venres, 27 de febreiro do 2026
Samsung Electronics anunciou a ampliación das capacidades de comunicación por satélite en determinados smartphones Galaxy, entre eles a nova serie Galaxy S26, a través de acordos con operadores de telecomunicación de América do Norte, Europa e Xapón. A compañÃa surcoreana reforza asà a súa aposta por mellorar a seguridade dos usuarios e garantir experiencias móbiles máis estables nun contexto no que a intelixencia artificial forma parte crecente da infraestrutura cotiá.
A comunicación por satélite está deseñada para dar soporte a situacións de emerxencia e a comunicación esencial cando as redes móbiles tradicionais non están dispoñibles. A despregadura destas funcións realizarase por fases, en función da dispoñibilidade das redes e das esixencias reguladoras de cada rexión. O obxectivo é facilitar o acceso á mensaxerÃa e aos servizos de datos vÃa satélite, ademais da asistencia de emerxencia, en áreas sen cobertura móbil convencional.
O servizo está a espallarse por territorios como EE.UU., o Xapón e varios paÃses europeos, e no caso español confirman que en marzo iniciarán probas con MasOrange, e están en conversas con Vodafone para ampliar o soporte destas prestacións tamén a esta compañÃa.
Samsung indicou que continúa a negociar con máis operadores para estender a conectividade por satélite a outras categorÃas da familia Galaxy, consolidando unha estratexia orientada a ofrecer servizos máis estables e accesibles en localizacións onde a cobertura convencional resulta limitada ou inexistente.
