Samsung anuncia dos smartphones económicos con Android 4.1
martes, 5 de febreiro do 2013
AÃnda
que normalmente os móbiles de Samsung que ocupan lugar nos titulares son os
GALAXY S e Note, o fabricante surcoreano non só ten unha forte liña de gama
alta, senón que tamén coida os terminais de entrada, estreando
agora os GALAXY Fame e Young, que chegan con Android 4.1 e unhas
prestacións axustadas para conter enormemente o seu prezo (pois parecen
chamados a ocupar o lugar dos GALAXY mini, Ace e Y). Ambos móbiles veñen cun
procesador a 1 GHz, 4 Gb de almacenamento interno, baterÃa de 1.300 mAh e Wi-Fi
Direct, e nalgúns mercados van estar dispoñibles en versión con dobre SIM.
O GALAXY
Fame estará dispoñible en branco perla e azul metálico, ten unha pantalla
de 3,5 polgadas cunha resolución de 320 x 480 pÃxeles, 512 Mb de RAM e cámaras
de 5 e 0,3 MpÃxeles, Bluetooth 4.0, terá versión con NFC e o seu grosor será de
11,6 milÃmetros e o seu peso de 120,6 gramos, mentres que o GALAXY Young
opta por unha pantalla de 3,27 polgadas cunha resolución de 320 x 480 pÃxeles, 768
Mb de RAM, cámara traseira de 3 MpÃxeles, Bluetooth 3.0, un grosor de 12,5
milÃmetros e un peso de 112 gramos.