Samsung anuncia o primeiro reprodutor de Blu-ray UHD do mercado

xoves, 3 de setembro do 2015 Marcus Fernández

A presentación de Samsung desta mañá tivo certo impacto no audiovisual doméstico a través de televisores que achegarán ao fogar emisións en ultra alta definición con tecnoloxía HDR (chamada a ser a nova moda que collerá o relevo do 3D e a alta definición tanto no fogar como en salas cinematográficas), pero o produto que anunciaron que si é totalmente novo no mercado é o seu reprodutor de Blu-ray Ultra HD, pois sería o primeiro dispositivo do mercado en facilitar a reprodución que discos Blu-ray que inclúan contidos en ultra alta definición (estándar que está a completarse este ano) de xeito que permitirá tanto gozar de contidos cunha resolución equivalente a catro pantallas Full HD á vez que adaptará os contidos en alta definición para que poidan verse o mellor posible en televisores de ultra alta definición. O reprodutor de Blu-ray sería un dispositivo conectado que tamén facilitaría o acceso a contidos Ultra HD en liña cando estean dispoñibles (o que están a procurar varias plataformas de vídeo en liña ante o retraso da chegada do UHD a soportes físicos).

O novo reprodutor de Samsung funcionará cos discos Blu-ray actuais e aceptará tamén os futuros que inclúan contidos en ultra alta definición

PUBLICIDADE