Samsung anuncia un modem LTE capaz de descargar a 1,2 Gbps

luns, 31 de xullo do 2017 Marcus Fernández

A banda larga móbil non cesa de evolucionar, de xeito que cada vez o ten máis doado para competir coa banda larga fixa en velocidade e latencia, conseguindo así unha grande experiencia de uso e permitindo incluso de gozar de contidos en ultra alta definición ou de realidade virtual, e para dar conta do prometedora que serán as novas conexións móbiles Samsung anunciou hoxe que desenvolveu unha nova tecnoloxía de modems LTE que soportará 6CA por primeira vez na industria, ou sexa, que conseguirá velocidades de descarga de até 1,2 Gbps.
A primeiros de ano os Samsung Exynos 9 xa contaban con modems LTE de Cat. 16 e 5CA, que podían conseguir velocidades de descarga de 1 Gbps, mentres que os novos modems LTE de Cat. 18 e 6CA serán os que cheguen aos 1,2 Gbps, ou sexa, que mellorarán a súa velocidade un 20%, o que permitiría descargar unha película en alta definición en 10 segundos.
Deste xeito temos que probablemente o futuro Samsung Galaxy S9 incluiría unha tecnoloxía de comunicación que con algúns operadores (xa que a velocidade conséguese agregando conexións en diferentes bandas) podería conseguir velocidades de funcionamento que superarían a calquera das ofertas de conexión doméstica de fibra óptica actuais.

PUBLICIDADE