Samsung aposta por unidades SSD para gravar vÃdeo en alta definición
mércores, 7 de xaneiro do 2009Samsung amplÃa a
súa familia de cámaras de vÃdeo de alta definición con 4 novos modelos (HMX-H106,
HMX-H105, HMX-H104 e HMX-H100) que gravan vÃdeo en FullHD utilizando coma soporte
de almacenamento memorias de estado sólido (mellorando a autonomÃa, reducindo o
ruÃdo e resultando máis resistente a golpes e vibracións que os discos duros
integrados), que no caso do HMX-H106 se trata da primeira cámara en incorporar
unha unidade interna SSD de 64 Gb, mentres que os modelos HMX-H105 e HMX-H104
integran unidades de 32 e 16 Gb de capacidade que se poden ampliar mediante
tarxetas SD/SDHC, mentres que o modelo HMX-H100 só conta con esta última opción
(prescindindo de almacenamento interno).
As gravacións realizadas con estas novas cámaras están en alta resolución
comprimidas en H.264, que no modo de calidade
fina permite gardar 3 horas de vÃdeo en 16 Gb, 6 horas en 32 Gb e 12 horas
en 64 Gb (ou sexa, que cada hora ocuparÃa 5,33 Gb de disco).
Para achegar unha boa calidade de imaxe hai que destacar que estas cámaras
contan cunha lente Schneider Kreuznach Varioplan HD cun zoom óptico de 10x, cun
angular de 37 milÃmetros, e incluso conta cun flash por se queremos empregar a
cámara para tomar fotografÃas a 4,7 MpÃxeles.
Estas cámaras contan con saÃda HDMI para poder presentar as imaxes gravadas en
televisores de alta definición, e se poden manexar grazas á súa pantalla táctil
de 2,7 polgadas.