Samsung colocou no mercado 800.000 unidades do seu smartwatch
martes, 19 de novembro do 2013
AÃnda
que non parece estar a ter moi boa resposta por parte do público, Samsung está
a presumir de que o seu GALAXY Gear
está a converterse no smartwatch máis
popular do mercado, colocando
nas tendas 800.000 unidades dende a súa estrea hai un par de meses, volume
realmente impresionante para un accesorio do smartphone que só é compatible cun
número reducido de terminais.
A compañÃa surcoreana esforzouse na promoción deste dispositivo que quere ser
un referente para unha nova familia de produtos dos que aÃnda non está nada
clara a demanda comercial e a utilidade, e que chegou nun momento no que habÃa
rumores de que Apple Ãa lanzar un produto semellante (o iWatch) polo que
Samsung terÃase anticipado demostrando que pode innovar.
De todos os xeitos, os datos que achega Samsung son bastante discutibles, pois
chocan co feito de que só se terÃan vendo 50.000 unidades en Corea do Sur, asÃ
como os informes que apuntan a que nas tendas de Best Buy dos EE.UU. o
accesorio ten unha taxa de devolución do 30%. De todos os xeitos, cómpre
destacar que nalgún mercado o GALAXY Gear ofrécese de balde aos compradores dun
GALAXY Note 3, detalle que poderÃa ter contribuÃdo claramente a unha maior distribución
do produto.
- O GALAXY Gear preséntase como un complemento ideal para tabletófonos como o GALAXY Note 3