Samsung comercializa adhesivos para tirar proveito do NFC
mércores, 13 de xuño do 2012
Para tirar proveito da tecnoloxÃa NFC coa que contan
terminais coma o Galaxy Nexus ou o Samsung Galaxy S III o fabricante surcoreano
Samsung presenta uns adhesivos
chamados TecTiles que permitirán lanzar aplicacións e modificar a
configuración do terminal con só tocalas co mesmo, podendo programarse este
comportamento a través dunha aplicación
para Android. Estes adhesivos con NFC programables sairán á
venda en lotes de 5 unidades por 14,99 dólares o vindeiro 21 de xuño.
O usuario pode colocar un adhesivo TecTile no seu escritorio, no seu bolso, no
automóbil ou en calquera lugar que considere axeitado para que, ao achegar o
seu móbil, este poida efectuar diferentes accións como executar unha
aplicación, conectar a unha rede Wi-Fi, amosar unha mensaxe, facer unha chamada
(ou iniciar unha conversa en GTalk), compartir información de contacto, abrir
un mapa, visitar unha páxina web, facer check
in en Foursquare ou Facebook, facer Me
Gusta en Facebook ou actualizar o estado, seguir a alguén en Twitter ou
mandar un tweet directamente e mesmo mudar a configuración de volume, brillo e
conectividade do móbil.
Este tipo de usos do NFC serve para ilustrar que esta tecnoloxÃa poder ser útil
para moito máis que para realizar pagamentos co móbil (algo que aÃnda tardará
anos en normalizarse).
- As accións asociadas a cada adhesivo TecTile poden definirse mediante unha aplicación para Android