Samsung estrea versión ouro rosa dos seus smartphones insignia

mércores, 20 de abril do 2016 Marcus Fernández

Nos últimos meses estamos a ver como Apple, ao renovar os seus produtos, incorpora á súa oferta de cores de carcasa a chamada ouro rosa, que continúa a liña emprendida coa cor ouro que conseguiu callar nun mercado no que cores máis discretas como o negro, o gris escuro ou a cor prata levaban anos acaparando o catálogos.
Atendendo a estas novas tendencias, Samsung anunciou hoxe a ampliación da oferta cromática dos seus Galaxy S7 e S7 edge, que tras as cores negra, branca, prata e dourada incorpora agora a cor de moda, ouro rosa, que estréase en Corea do Sur, para chegar despois a outros mercados internacionais.
Estamos ante o que parece unha copia moi descarada da estratexia de Apple, aínda que o fabricante surcoreano presenta unha oferta de cores máis ampla, polo que non debería sorprender que agora ouse a comercializar os seus produtos nunha cor que, ao ser adoptada pola compañía de Cupertino, levou a que o público perdese o pudor á hora de levala nos seus trebellos, entendendo que o ouro rosa da un toque xentil e sofisticado aos deseños metálicos dos smartphones de alta gama.

O Samsung Galaxy S7 Edge é un dos smartphones que estrean a nova cor

PUBLICIDADE