Samsung inicia a produción das súas unidades SSD con V-NAND de 6ª xeración

martes, 6 de agosto do 2019 Marcus Fernández

Samsung anunciou hoxe o inicio da produción en masa de unidades de estado sólido (SSD) SATA de 250 GB con V-NAND de 256 Gb e 3-bit de 6ª xeración, ou sexa, só 13 meses despois do lanzamento da anterior xeración, o que supón unha redución de 4 meses entre xeracións, atendendo á grande demanda que están a ter este tipo de unidades de almacenamento.
As V-NAND de 6ª xeración teñen as transferencias de datos máis rápidas da industria, e presentarían os únicos discos de memoria 3D cunha única pía con máis dun cento de capas (136). A nova xeración consegue un desempeño un 10% mellor á vez que reduce o consumo en máis do 15%.
As unidades que inician agora a súa produción os as de 256 Gb, pero para a segunda metade do ano xa prevén a produción de unidades de 512 Gb, das que prevén unha grande demanda en 2020.

PUBLICIDADE