Samsung mellora a velocidade das súas unidades SSD
mércores, 21 de setembro do 2016
Non parece haber dúbida en que os disco duros están chamados
a ser unha tecnoloxÃa do pasado, especialmente se temos en conta as melloras
que están a ter as unidades SSD en capacidade e velocidade, como demostran
dende Samsung Electronics cando desvelan
as súas novas unidades Samsung 960 PRO e 960 EVO, que chegarán ao mercado
en outubro en formato M.2 e baseadas en V-NAND conseguen un rendemento, unha
resistencia e unhas capacidades que os fan ideais para os usuarios máis
esixentes que demandan sistemas de almacenamento compactos e rápidos (xogando
un rol moi importante en ordenadores ultraportátiles).
Ambas unidades SSD empregan unha interface PCIe Gen.3 x4, e no caso da Samsung
960 PRO consegue velocidades de lectura e escritura secuenciais de 3.500 e 2.100
MBytes/segundo, de xeito que superan as máis elevadas demandas de edición de
vÃdeo en ultra alta definición ou o tratamento masivo de datos. Ofrecerase en
capacidades de 512 GB, 1 TB e 2 TB, de xeito que os equipos que opten por estas
unidades xa non terÃan nada que envexar a equipos con discos duros
tradicionais, aos que igualarÃan en capacidade, pero gozarÃan dun acceso
moitÃsimo máis áxil e dunha maior resistencia (ao non contar con partes móbiles
as unidades SSD resultan moito máis seguras en equipos portátiles). O modelo de
500 GB custarÃa 329,99 dólares, e o de 2 TB elevarÃa o seu prezo até os 1.299
dólares, o que aÃnda está lonxe dun mercado masivo.
As unidades Samsung 960 EVO pola súa banda chegarán en capacidades de 250 GB,
500 GB e 1 TB, con velocidades de lectura e escritura secuenciais de até 3.200
e 1.900 MBytes/segundo, o que continuarÃa a ser un desempeño moi bo, conseguindo
prezos máis contidos que partirÃan dos 129,99 dólares para o modelo e 250 GB e
chegarÃa aos 479 dólares para o modelo de 1 TB (prezo que poderÃa ser aceptable
en moitas configuracións de ultraportátiles de alta gama).