Samsung podería deixar de lado as Gear VR

xoves, 8 de agosto do 2019 Marcus Fernández

A presentación do Galaxy Note10 non só constatou que poderiamos ante a erradicación definitiva do conector de auriculares nos smartphones de alta gama (xa que Samsung era o principal fabricante que conservaba o conector de 3,5 milímetros), senón que tamén podería indicar un grande cambio para a realidade virtual, xa que o analista Anshel Sag conseguiu que Samsung confirmase que o Note10 non é compatible con Gear VR, o casco de realidade virtual que funciona inserindo un smartphone no seu interior, ou sexa, que podería ser o adeus a este tipo de produto, que dende a aparición de solucións autónomas como Oculus Go ou Oculus Quest non parecen ter oco no mercado.
Cómpre lembrar que as Gear VR son unha solución moi práctica para gozar de experiencias de realidade virtual cunha grande calidade de imaxe (xa que as pantallas dos smartphones de alta gama de Samsung tenden a estar equipados con paneis Quad HD) e poden atoparse a prezos bastante reducidos (resulta relativamente doado atopar unidades a menos de 100 euros), o que reduce a barreira de entrada na realidade virtual.
No caso de Gear VR tamén é especialmente reseñable que a plataforma de software está subministrada por Oculus, de xeito que conta con numeroso software e cunha interface que resulta serve para introducise en todo un ecosistema que non deixa de medrar.

PUBLICIDADE