Samsung poderÃa introducir a carga Qi2 nos móbiles mediante fundas
xoves, 26 de decembro do 2024
A poucas semanas da presentación dos novos smartphones insignia de Samsung, a familia Galaxy S25, chegan informacións que poden resultar un tanto polémica, como o xeito no que Samsung parece ter prevista a adopción da tecnoloxÃa de carga sen fÃos Qi2, que vén a ser un equivalente á carga MagSafe, ou sexa, que aparte da carga por indución conta tamén cun sistema de imáns que impide que o móbil se separe accidentalmente durante a carga, asà como tamén permite gozar de accesorios fixados magneticamente.
O curioso é que Samsung, en vez de incorporar o estándar Qi2 nos novos smartphones, farÃao nas súas fundas, se atendemos a unha filtración da listaxe de accesorios cos que contarán os Galaxy S25. Iso leva a entender que estarán dispoñibles fundas para os novos smartphones que contarán cun anel de imáns para poder empregar accesorios compatibles con Qi2, mentres que o teléfono se limitarÃa a ter carga por indución.
Aparte deste detalle tamén se comenta que o Galaxy S25 Ultra poderÃa limitar a capacidade da súa baterÃa nos 4.885 mAh, en contraste co que están a facer os seus competidores procedentes do mercado chinés, que para esta xeración de smartphones están a normalizar as baterÃas de 6.000 mAh (lembremos que o Realme GT7 Pro conta cunha baterÃa de 6.500 mAh).