Samsung poderÃa lanzar un novo smartphone con Windows Phone en abril
luns, 31 de marzo do 2014- Imaxe filtrada do que poderÃa ser o novo móbil de Samsung con Windows Phone
Espérase que abril sexa un mes importante para o sistema
operativo móbil de Microsoft, por agardarse tanto a estrea de Windows Phone 8.1
na súa versión preliminar como o lanzamento de varios novos terminais da
familia Lumia, pero hai filtracións
que apuntan a que Samsung tamén quere unirse á festa cun atractivo Samsung ATIV
SE, que pese a que esperábase que saÃse coa nova versión do sistema
operativo, finalmente parece que lanzarase con Windows Phone 8 para poder
actualizarse semanas despois á versión 8.1 e asà non adiar máis a súa
distribución.
O novo terminal serÃa semellante ao Samsung GALAXY S4, cunha pantalla Full HD
de 5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 800 de catro núcleos, cámara de
13 MpÃxeles, 2 Gb de RAM e 16 Gb de almacenamento interno ampliable mediante
microSD. O seu prezo libre nos EE.UU. serÃa de 599 dólares (uns 435 euros),
estando tamén dispoñible a través de operadora (posiblemente Verizon), buscando
asà competir cos últimos móbiles da familia Lumia no mercado americano.