Samsung prepara un smartphone con formato de cuncha e dobre pantalla
mércores, 18 de novembro do 2015
Tras a comercialización en España dun smartphone
con formato de cuncha por parte de LG, é agora toda unha incógnita se
Samsung atreverase a facer algo semellante, xa que o fabricante surcoreano si
está a preparar smartphones con Android 5.1.1 con dito formato, aÃnda que non
sabemos se realmente chegarán até fóra do seu mercado local.
Pese a que aÃnda non se presentou oficialmente, xa son moitos os detalles
que se coñecen do terminal chamado SM-W2016, que sorprenderÃa por contar
con pantallas de 3,9 polgadas cunha resolución de 1.280 x 768 pÃxeles en ambas
partes da súa tapa, de xeito que poderÃa operarse con el incluso coa tapa
pechada. A grande vantaxe deste dispositivo é que non prescindirÃa do
tradicional teclado numérico, unha interface coa que certo tipo de usuarios
está moi familiarizado, de xeito que poderÃan casar un manexo tradicional coa
posibilidade de gozar de funcionalidades avanzadas como aplicacións tipo
WhatsApp.
Pese a que estamos ante un smartphone que parece dirixido a un público de idade
avanzada, á hora de equipalo tecnicamente non parecen velo do mesmo xeito, e
estarÃan a dotalo dunhas prestacións de luxo, xa que funcionarÃa cun procesador
Exynos 7420 de 8 núcleos a 2,1 GHz, 3 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno
e incluso cámaras de 16 e 5 MpÃxeles, de xeito que poderiamos definilo como
unha versión con tapa do Galaxy S6.
- O teléfono contarÃa con pantalla na parte exterior da súa tapa