Samsung prepara unha tableta económica de 10,1 polgadas
luns, 18 de febreiro do 2019
Coa tableta Galaxy
Tab S5e Samsung quere ofrecer unha completa experiencia de uso dirixida a
usuarios esixentes, pero para usuarios máis modestos tamén está a preparar unha
interesante opción, a
versión de 2019 da Galaxy Tab A 10.1, que en abril chegará ao mercado a un
prezo de 210 euros para a súa versión con Wi-Fi e a 270 euros na súa versión
con conectividade LTE (uns 70 euros menos do que custa a Galaxy Tab A 10.5).
Estamos ante un produto que, como ben reza o seu nome, conta cunha pantalla de
10,1 polgadas con resolución Full HD, en carcasa metálica plana, con
altofalantes estéreo con son Dolby Atmos e un modo infantil que pode ser un bo
reclamo para que os pais poidan realizar certo seguimento da actividade dos
seus cativos, asà como definir o tipo de contidos que poden utilizar os
pequenos e o tempo do que dispoñen.
A nova Samsung Galaxy Tab A 10.1 conta
cunhas especificacións moi contidas, como só 2 GB de RAM e 32 GB de
almacenamento interno, pero soporta tarxetas microSD de até 400 GB e o seu
procesador Exynos 7904 de 8 núcleos semella dabondo para a meirande parte das
tarefas. Inclúe cámaras de 8 e 5 MpÃxeles, Bluetooth 5.0, GPS e unha baterÃa de
6.150 mAh que pode cargarse por USB-C.
Polo momento só está anunciado o seu lanzamento en Alemaña, pero é probable que
se comercialice en toda Europa como unha interesante tableta de entrada.