Samsung presenta altofalantes que apostan polo deseño
martes, 30 de decembro do 2014
Non só LG está a avanzar as novidades que levará á vindeira
edición do CES de Las Vegas dentro de poucos días, senón que tamén Samsung fai
o propio, e hoxe dá
a coñecer os seus novos altofalantes domésticos WAM7500 e WAM6500, un novo
rechamante concepto que fuxe da transmisións sonora direccional e pretende
encher as habitacións con son.
Os novos altofalantes fan uso da tecnoloxía propietaria Ring Radiator que permite ao son fluír nun radio de 360 graos,
conseguindo un bo balance de agudos e graves, de xeito que casa un deseño
rechamante cun son vibrante. Estes produtos desenvolvéronse no estudio
californiano de Samsung en Valencia, fai uso de materiais premium no exterior dos altofalantes. O modelo WAM7500 é o de meirande
tamaño, resultando ideal para o seu uso en combinación con cunha barra de son
ou en calquera lugar do fogar, mentres que o WAM6500 integra unha batería
recargable, de xeito que sería máis portátil, facéndoo máis axeitado para
colocar alí onde esteamos a cada momento, para poder levar a reprodución sonora
connosco.
O deseño destes altofalantes está a captar bastante atención polo feito de
amosar unha evidente semellanza
coa arma emprega polo protagonista dos xogos da saga Portal.
- A semellanza dos novos altofalantes coa arma de Portal resulta bastante curiosa