Samsung presenta en Las Vegas un televisor modular de 146 polgadas
luns, 8 de xaneiro do 2018
Samsung
quixo levar ao CES algo grande, literalmente... e presentou
durante a feira tecnolóxica de Las Vegas The
Wall, o primeiro televisor do mercado de consumo modular MicroLED de
146 polgadas, que combina unha experiencia de visualización impresionante con
funcións de centralización do fogar conectado.
Grazas ao deseño modular con tecnoloxÃa MicroLED, The Wall pode achegar unha definición incrible sen restricións de
tamaño, resolución ou forma, destacando por ter unha autoiluminación con LED na
escala do micrómetro, ou sexa que son máis pequenos que os LED actuais, de
xeito que serve como a súa propia fonte de luz, eliminando a necesidade da
retroiluminación. A compoñente modular consiste en elementos sen marco que
permiten personalizar o tamaño e a forma dos televisores para adaptarse ás
necesidades do consumidor e poder superar de xeito doado a barreira das 100
polgadas.
- O deseño modular do novo televisor facilÃtalle superar as 100 polgadas