Samsung presenta novos móbiles con grande baterÃa e cámara de 50 MpÃxeles
luns, 7 de marzo do 2022
Samsung
presentou hoxe os seus novos smartphones Galaxy A13, M33 5G e M23 5G, que fan
máis accesibles as novas funcionalidades dos teléfonos de Samsung aos
consumidores, introducÃndoas en dispositivos con prezos axustados.
Os dous novos móbiles da Serie M destacan por contar con pantallas de 6,6
polgadas con taxas de refresco de 120 Hz, o que agradecerán especialmente os
amantes dos videoxogos, asà como de conectividade 5G; o Galaxy A13 conta pola
súa banda cunha pantalla Infinity-V de 6,5 polgadas e un refresco de 90 Hz.
No que a baterÃa se refire, que é un dos puntos fortes da Serie M, o M33 5G ten
unha capacidade de 6.000 mAh, e o M23 5G ten unha capacidade de 5.000 mAh, ambas
con carga rápida de 25 watts, mentres que a velocidade de carga do A13 limÃtase
a 15 watts.
Estes novos móbiles tamén gozan de cámaras bastante destacables: os tres teñen
cámara frontal de 8 MpÃxeles, mentres que na cámara traseira o M23 5G ten unha
cámara tripla cun sensor principal de 50 MpÃxeles e o M33 5G e o A13 teñen
cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 50 MpÃxeles (diferenciándose
pola incorporación dun sensor para fotografÃas macro de 2 MpÃxeles).