Samsung presenta novos monitores para 2025
xoves, 2 de xaneiro do 2025
De cara ao CES de Las Vegas o fabricante surcoreano Samsung ten preparadas novas liñas de monitores das gamas Smart Monitor 2025, Odyssey Gaming e ViewFinity, que son un paso máis de refinado destas familias que gozan de grande presenza e reputación no mercado.
O Smart Monitor M9 (modelo M90SF) incorpora funcións de intelixencia artificial para mellorar o lecer e a interactividade mediante funcións intelixentes de adaptación de imaxe e busca.
Samsung descrÃbeo como o primeiro monitor que integra IA no dispositivo, con AI Picture Optimizer (que analiza os sinais de entrada para identificar o tipo de contido e asà axustar automaticamente a configuración da pantalla para obter a mellor calidade e experiencia visual), asà como 4K AI Upscaling Pro para mellorar os contidos de menor resolución para unha mellor reprodución en 4K. Estas funcións chegan nunha pantalla OLED 4K de 32 polgadas con VESA DisplayHDR True Black 400. Tamén integra unha cámara 4K, polo que estamos ante unha pantalla claramente orientada a espazos de traballo.
En contraste, os monitores Odyssey OLED G8 e G6, presumindo o modelo G81SF de ser o primeiro monitor para xogos do mundo en equipar un panel OLED 4K nun tamaño de 27 polgadas. A pantalla tamén ofrece un refresco de 240 Hz, un tempo de resposta de 0,03 milisegundos (GTG), compatibilidade con AMD FreeSync e nVIDIA G-Sync, VESA DisplayHDR True Black 400 e OLED Glare Free (para evitar reflexos).
No caso de usuarios que prefiran máis velocidade que resolución o Odyssey OLED G6 modelo G60SF achega a primeira pantalla OLED da historia cunha velocidade de refresco de 500 Hz, o que obriga a reducir a súa resolución até QuadHD.
Tamén resulta rechamante que Samsung vaia levar ao CES o novo Odyssey 3D de 27 polgadas (modelo G90XF), que grazas a un sistema lenticular no seu panel e á súa cámara estéreo frontal ofrece unha experiencia 3D personalizable sen precisar de que o usuario teña que empregar lentes para percibir os contidos con profundidade.
Outro monitor moi interesante de Samsung será o ViewFinity S8 (modelo S80UD), que cun tamaño de 37 polgadas serÃa o monitor 4K panorámico máis grande até hoxe. Tamén ofrece funcións de KVM (para empregar varios equipos cun único teclado e rato), sendo capaz de conectarse e cargar ao mesmo tempo a través dunha conexión USB-C que achega até 90 watts.