Samsung presenta novos televisores de plasma con modo 3D
xoves, 28 de febreiro do 2008- Os novos Samsung PAVV precisan de gafas especiais para gozar dun modo 3D
Samsung presentou
en Corea do Sur os seus novos televisores de plasma de 42 e 50 polgadas que
inclúen a tecnoloxÃa 3D Ready, o que permite
utilizar un modo tridimensional nalgúns videoxogos e pelÃculas, aÃnda que necesitarán
dunhas gafas especiais para aprezar tal efecto. Esta orixinal tecnoloxÃa se
desenvolveu en colaboración con Electronic Arts, para optimizar estes
televisiores para dar a mellor experiencia de xogo posible.
Os novos televisores son FullHD, teñen entradas HDMI 1.3 e porto USB (para
conectar dispositivos externos e poder reproducir os seus contidos). As imaxes
presentadas en pantalla teñen unha aparencia natural grazas á tecnoloxÃa DNIe+
e dende Samsung aseguran que estes televisores acadan un contraste de
1.000.000:1, o que garante unha calidade de negros impresionante.