Samsung presenta o primeiro televisor comercial con pantalla OLED de 55 polgadas
xoves, 10 de maio do 2012
Samsung Electronics amosou o seu televisor
Samsung ES9500, que será o primeiro do mundo en producirse en masa cun
panel OLED de 55 polgadas, ofrecendo unha calidade de imaxe sen precedentes,
contidos intelixentes e un deseño elegante,
que non só é compatible con contidos 3D grazas á súa elevada velocidade de
resposta da súa pantalla, senón que incluso, aproveitando tal tecnoloxÃa,
soporta o modo Dual View que permite
que dúas persoas poidan estar vendo simultaneamente contidos 2D diferentes na
mesma pantalla valéndose dunhas lentes 3D que incluso integran auriculares, creando unha experiencia persoal que
será do máis destacable deste impresionante televisor. Pero a calidade sae
cara, e este televisor que chegará ao mercado na segunda matade do ano terá
un prezo superior aos 10 millóns de wons (6.769 euros).
O Samsung ES9500 será só o primeiro de varios grandes televisores que prepara
Samsung para o que resta do ano, pretendendo lanzar modelos de entre 60 e 75
polgadas para atender a crecente demanda de televisores que hai pouco poderÃan
parecernos xigantes.
- O novo televisor permitirá utilizar lentes 3D para que 2 persoas poidan ver contidos diferentes en alta definición na mesma pantalla