Samsung presenta os seus novos móbiles e tabletas insignia
mércores, 9 de febreiro do 2022
Samsung presentou esta tarde os seus novos móbiles insignia,
a nova familia Galaxy S22, que chega acompañada por tabletas Galaxy Tab S8, que
sorprenden pola súa grande potencia e tamaño. Eses produtos poden reservarse
dende hoxe mesmo a través de promocións que inclúen descontos e agasallos,
asà como a posibilidade de canalizar as compras a través de plans renove e renting.
Os móbiles de referencia da marca surcoreana serÃan os Galaxy S22 e S22+,
que chegan con pantallas AMOLED Full HD+ de 6,1 e 6,6 polgadas respectivamente,
diferenciándose tamén no que a capacidade de baterÃa se refire (3.700 mAh e
4.500 mAh) e velocidade de carga rápida (25 e 45 watts). Chegan con 8 GB de RAM
e os seus prezos parten dos 859 e 1.059 euros para os modelos con 128 GB de
almacenamento interno, incrementándose o prezo en 50 euros para os modelos con
256 GB de capacidade.
A nivel de cámara contan cunha cámara traseira tripla, cun ultra grande angular
de 12 MpÃxeles, unha cámara principal de 50 MpÃxeles e un teleobxectivo 3x de
10 MpÃxeles; mentres que a cámara frontal é de 10 MpÃxeles.
O resto de caracterÃsticas son as propias desta gama de produtos de Samsung, de
xeito que gozan de conectividade 5G, NFC, Bluetooth 5.2, resistencia á auga e
ao po, carga sen fÃos (e carga inversa) e no caso do S22+ incluso conta con
conectividade Wi-Fi 6E.
Estarán dispoñibles en España a partir do vindeiro 11 de marzo.
O Galaxy Note reinvéntase
Máis rechamante é o Galaxy S22 Ultra,
que non só é o móbil máis potente desta familia, senón que desta volta
incorpora unha pantalla AMOLED de 6,8 polgadas con resolución Quad HD+ con
bordes lixeiramente curvos e integración de S Pen, ou sexa, que vén a ser o
herdeiro dos Galaxy Note, de xeito que esta familia pasarÃa a renovarse na
primeira metade do ano para deixar a segunda metade do ano para os móbiles con pantalla
encartable.
Este impresionante móbil está equipado cun procesador de 4 nm, 8/12 GB de RAM,
entre 128 GB e 1 TB de almacenamento
interno, baterÃa de 5.000 mAh con carga rápida de 45 watts mediante cable e 15
watts sen fÃos, 5G, NFC, Bluetooth 5.2, Wi-Fi 6 e resistencia ao po e a auga.
A cámara frontal do Galaxy S22 Ultra é de 40 MpÃxeles, pero resulta aÃnda máis
rechamante a súa cámara traseira, que integra 4 obxectivos: un ultra grande
angular de 12 MpÃxeles, unha cámara principal de 108 MpÃxeles, un teleobxectivo
de 3x de 10 MpÃxeles e un teleobxectivo de 10x de 10 MpÃxeles.
O seu prezo parte dos 1.259 euros para o modelo con 128 GB de almacenamento e
chega até os 1.659 euros para o modelo con 1 TB de capacidade de almacenamento
interno. Chegarán ás tendas a partir do 25 de febreiro.
Novas tabletas Galaxy Tab S8
Que as tabletas Galaxy Tab S8 tamén chegue en 3 tamaños
distintos foi toda unha sorpresa, pois as Galaxy Tab S8, S8+ e S8 Ultra teñen
pantallas de 11, 12,4 e 14,6 polgadas respectivamente, contando os dous modelos
superiores con paneis AMOLED cun refresco de 120 Hz, polo que serÃan uns
produtos sen rival na súa gama.
Tamén contan cun potente procesador de 4 nm, 8/12 GB de RAM nos modelos básicos
(o Ultra tamén ten versión con 16 GB de RAM), 128/256 de almacenamento interno
(o Ultra pote adquirise tamén con 512 GB), boas cámaras (cámaras traseiras de
13 e 6 MpÃxeles e cámara frontal de 12 MpÃxeles, que no modelo Ultra chega con dous
angulares diferentes), baterÃas xenerosas (de 8.000, 10.090 e 11.200 mAh en
función do seu tamaño) con carga rápida de 45 watts, 3 micrófonos, altofalantes
Quad Stereo con son AKG e compatibilidade con Dolby Atmos, S Pen, lector de
impresións dixitais (no lateral no modelo básico e en pantalla no resto) e a
dispoñibilidade de accesorios como a funda teclado que facilita converter a
tableta nun ordenador portátil.
Estamos ante tabletas moi completas, que parecen destinadas a competir cos iPad
Pro de Apple, e que teñen un prezo de partida de 749 euros para o modelo básico
con conectividade Wi-Fi e 128 GB de almacenamento e chega até os 1.599 euros do
modelo Ultra con conectividade 5G e 512 GB de almacenamento. Chegarán ás tendas
a partir do 25 de febreiro.
- Con S Pen e a posibilidade de empregar unha funda-teclado, as novas tabletas Galaxy Tab S8 resultan moi versátiles