Samsung presenta os seus novos portátiles con IA e procesador ARM
luns, 20 de maio do 2024
Un dos primeiros fabricantes en sumarse á iniciativa dos Copilot+ PC é Samsung, que vén de anunciar o seu Samsung Galaxy Book4 Edge, que presume de ser «o primeiro PC con IA de nova xeración do mundo», cunha impresionante NPU capaz de realizar 45 billóns de operacións por segundo, e redefine a experiencia do PC e ofrece o ecosistema de IA móbil máis hiperconectado até o momento.
O Samsung Galaxy Book4 Edge chegará en dous tamaños diferentes: un con pantalla táctil AMOLED de 14 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon X Elite X1E-80-100, 16 GB de RAM, 512 GB/1 TB de almacenamento, baterÃa de 55,9 Wh e un peso de só 1,16 quilos; e outro con pantalla de 16 polgadas, o que incrementa a súa baterÃa até os 61,8 Wh e o seu peso até os 1,55 quilos, ofrecendo tamén unha variante con procesador Qualcomm Snapdragon X Elite X1-84-100.
Estes novos equipos non só ofrecerán grande potencia e autonomÃa, senón que tamén ofrecerán unha experiencia de uso moi produtiva, podendo empregar a Ligazón con Windows para ver e usar o móbil dende a pantalla do ordenador, permite rodear unha imaxe na pantalla para poder realizar unha busca rápida en Google, ou incluso conta con funcións de IA para axudar coas funcións de Chat Assist e Live Translate (dispoñibles dende hai pouco nos móbiles de alta gama do fabricante surcoreano).
Samsung asegura que estes equipos ofrecen unha autonomÃa de até 22 horas de reprodución de vÃdeo e integran carga súper rápida; poden tirar proveito dos efectos de Windows Studio durante as videoconferencias (por exemplo, empregando o desenfoque de fondo ou o encadre automático); facilitan a creación de imaxes mediante IA con Cocreator; e incluso permiten usar a súper resolución automática para que os videoxogos poidan amosar mellores gráficos en tempo real.
Falamos de equipos coa protección de Samsung Knox, que ofrece múltiples capas de defensa do equipo, caracterÃstica especialmente apreciada en contornos corporativos.
Estes novos portátiles de Samsung chegarán ao mercado español no mes de xuño, descoñecéndose polo momento o seu prezo de venda, aÃnda que nos EE.UU. xa figuran a un prezo base de 1.349,99 dólares para o modelo de 14 polgadas e de 1.449,99 dólares para o modelo de 16 polgadas (tendo este último cunha versión de 1.749,99 dólares co procesador a 3,8 GHz), co detalle de que as compras anticipadas destes equipos premiaranse cun televisor 4K de 50 polgadas (valorado en 379,99 dólares).
VÃdeo de presentación do Samsung Galaxy Book4 Edge
- Os novos portátiles beneficiaranse do ecosistema que forman con outros dispositivos Samsung Galaxy