Samsung presenta un módulo para avanzar no concepto de vehÃculos conectados
luns, 22 de febreiro do 2016
Durante os últimos anos os automóbiles inclúe un porto OBD
II (situado normalmente baixo o volante) que facilita información do vehÃculo,
que pode procesarse dixitalmente, o que Samsung decidiu aproveitar para
presentar unha solución de seu, Samsung
Connect Auto, que achega alertas en tempo real para favorecer unha
condución segura, incrementa o aforro de carburante e incluso pode funcionar como
punto de acceso Wi-Fi para que os pasaxeiros poidan ter conexión á Rede nos
seus trebellos durante as viaxes.
Este accesorio chegará ao mercado no segundo trimestre do ano, e pretende
facilitar a integración entre móbil e automóbil, que irá evolucionando nos
vindeiros anos segundo vaia converténdose en realidade a Internet das Cousas e
sexa máis frecuente a comunicación entre
máquinas, o que no caso dos vehÃculos achegará vantaxes en moitos ámbitos
(entre os que destaca a seguridade).