Samsung presenta un proxector láser 4K con HDR10+
mércores, 2 de setembro do 2020
Esta mañá Samsung celebrou
un evento en liña titulado Life Unstoppable no que deu a coñecer
diferentes produtos orientados ao fogar entre os que chamou especialmente a
atención The Premiere, un novo proxector de vÃdeo que promete unha experiencia cinematográfica
en casa que destaca por ser o primeiro proxector a nivel mundial con
certificación HDR10+, ofrecendo unha cor e un contraste revolucionarios.
O The Premiere LS97T chegará ao mercado español este mesmo ano, e ao ser un
proxector de tiro curto facilita a instalación dunha pantalla de 120 polgadas
cun grande aforro de espazo, xa que pode proxectar directamente na parede.
Aparte de contar con resolución 4K, luminosidade de 2.200 lumenes ANSI e Filmmaker Mode (que respecta o formato no que se gravaron os filmes), o proxector láser está equipado cun potente
<woofer e con son envolvente Acoustic Beam, completando unha grande experiencia
audiovisual nun deseño minimalista.
- The Premiere pode proxectar unha imaxe 4K de 120 polgadas a pouca distancia da parede