Samsung presenta un smartphone deseñado para Jackie Chan

venres, 23 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Aínda que os smartphones con tapa non sexan moi habituais, Samsung sorprende lanzando o terminal SCH-W2013, un móbil con Android 4.0, procesador de catro núcleos a 1,4 GHz, pantalla táctil de 3,7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 64 Gb), cámaras de 8 e 1,9 Mpíxeles e batería de 1.850 mAh que destaca por vir apadriñado polo actor de cine de acción Jackie Chan, deixando claro que estamos ante un dispositivo orientado ao mercado chinés, pero que pode servir de exemplo de que as pantallas táctiles non forzan a adoptar o formato de barra na telefonía.
Este novo móbil véndese con soporte de dobre SIM, permitindo que unha das tarxetas opere como CDMA2000 800/1900 e a outra en GSM 900/1800/1900, de xeito que, unha das tarxetas sería compatible coas redes europeas, mentres que a outra funcionaría coa tecnoloxía adoptada por varios operadores en China e outros países (como EE.UU.).

Jackie Chan é a imaxe do novo Samsung SCH-W2013

PUBLICIDADE