Samsung presenta un smartphone con tapa coa cámara máis luminosa do mercado
venres, 1 de decembro do 2017
Que estean á venda smartphones con formato de cuncha non deixa de ser rechamante, e
aÃnda que a súa presenza sexa simplemente anecdótica, xa que incluso son
dispositivos difÃciles de atopar e presentes en poucos mercados, de cando en
vez sae algún novo modelo que chama poderosamente a atención, como o Samsung
W2018, que presentouse hoxe mesmo en China, e que poderÃa considerase como un
dispositivo que en prestacións quedarÃa entre o Galaxy S8 e o Galaxy Note8,
pero cun detalle inédito: a
apertura da súa cámara traseira serÃa de f/1.5, de xeito que serÃa o
primeiro móbil á venda cunha cámara tan luminosa.
A cámara de 12 MpÃxeles con estabilización óptica deste novo teléfono, sen
contar con dobre obxectivo, serÃa capaz de facer uso do desenfoque de fondo
como fan outros móbiles de alta gama para disparar instantáneas nun modo retrato e tamén empregarÃa un truco
de software para poder alternar entre unha aperta f/1.5 e outra f/2.4, de xeito
que non sempre empregarÃa unha apertura esaxerada para moitas situacións (especialmente pola influencia que ten este factor na profundidade de campo).
O Samsung W2018 contarÃa con dúas pantallas Full HD de 4,2 polgadas, cámara
traseira de 5 MpÃxeles, USB-C, 64 GB de almacenamento interno (aÃnda que haberá
tamén unha edición con 256 GB de capacidade), baterÃa de 2.300 mAh, tecla
para Bixby e un peso de 247 gramos.
Polo momento non se sabe se venderase fóra de China, pero parece evidente que a
súa distribución será moi limitada, especialmente se atendemos aos rumores do
que será o seu prezo, que poderÃa estar preto dos 1.700 euros.
VÃdeo no que podemos ver o Samsung W2018 de preto