Samsung presenta un televisor 3D de 75 polgadas
luns, 9 de maio do 2011
- O Samsung D9500 inclúe un mando con teclado QWERTY para facer uso das aplicacións propias da liña Smart TV
Samsung
presentou en Corea do Sur a pasada fin de semana un novo televisor Smart TV,
o Samsung D9500, que impresiona por contar cunha pantalla de 75 polgadas
compatible con lentes activos 3D, podendo amosar imaxes Full HD cunha
velocidade de refresco de 240 Hz. O D9500 conta cun panel Black Diamond, conectividade
Wi-Fi e soporte de aplicacións, polo que inclúe un mando a distancia con teclado
QWERTY, facilitando o uso destas funcionalidades (para escribir correos
electrónicos, navegar pola web ou manexar o resto de prestacións propias da
liña Smart TV).
O
prezo deste televisor (que poderá comezar a encargarse a finais de mes,
agardándose a súa distribución internacional para o verán) será de 19.000.000
wons (12.284,54 euros).
- O enorme televisor inclúe soporte de aplicacións e pantalla 3D activa