Samsung presenta unha cámara con Android e obxectivos intercambiables
xoves, 20 de xuño do 2013
Innovando no mundo da fotografÃa dixital, Samsung presentou
hoxe a nova cámara GALAXY
NX, que é a primeira con obxectivos intercambiables en incorporar conectividade
Wi-Fi e 3G/LTE, á vez que funciona con Android 4.2.2, polo que convértese nun
dispositivo sumamente versátil e completo para fotógrafos que queiran compartir
as súas instantáneas co mundo gozando á vez coa calidade que achega un sensor
APS-C de 20,3 MpÃxeles, capaz de captar boas imaxes incluso con pouca luz. Para
non perder ningún momento a GALAXY NX conta cun sistema de enfoque automático
hÃbrido que facilita a toma de fotografÃas nÃtidas incluso de momentos con
moita acción grazas á súa velocidade de obturación de 1/6.000 de segundo e a posibilidade
de poder disparar 8,6 imaxes por segundo.
A nova cámara conta cunha selección de obxectivos intercambiables, que van
dende lentes de ollo de pez ata obxectivos compactos, podendo incluso
empregarse a cámara para disparar imaxes e pelÃculas en 3D valéndose dun
obxectivo especial de Samsung.
O sistema operativo Android facilita utilizar a propia cámara para poder tomar
boas imaxes empregando máis de 30 modos de disparo intelixentes e incluso
aproveitando aplicacións que facilitan a edición de fotografÃas e vÃdeos.
- A cámara Samsung GALAXY NX pode equiparse con obxectivos intercambiables