Samsung presenta unha cámara con obxectivos intercambiables ideal para as auto-fotos
mércores, 19 de marzo do 2014
As cámaras fotográficas dixitais con obxectivos
intercambiables non cesan de mellorar en prestacións conseguindo uns tamaños
compactos e lixeiros, como demostra Samsung Electronics coa nova SMART
Camera NX Mini, que conta cun sensor CMOS retroiluminado de 20,5 MpÃxeles,
un grosor de 22,5 milÃmetros e un peso de 158 gramos que destaca porque a súa pantalla
táctil de 3 polgadas (cunha resolución de 480 x 320 pÃxeles) pode abaterse 180
graos converténdoa na cámara perfecta para a realización de auto-fotos.
Pode disparar de xeito continuo ata 6 imaxes por segundo e a súa velocidade de
obturación de 1/16.000 segundos permite captar escenas en movemento sen que
saian movidas.
Para completar esta excelente cámara tamén temos conectividade Wi-Fi e NFC, o
que facilita a transmisión de fotografÃas a outros dispositivos como
smartphones ou tablets (sendo incluso capaz de mandar a mesma imaxe a 4
dispositivos á vez, evitando o tedio de tal labor repetitiva), facilitando o
uso dun smartphone como un mando a distancia e incluso podendo aproveitar a
cámara como un monitor de bebé (que actÃvase cando detecta un ruÃdo).
É posible programar a cámara para que cargue as nosas fotografÃas directamente
a Dropbox ou a Flickr, facilitando que gardemos as nosas imaxes de xeito seguro
na Internet (lembremos que Flickr ofrece 1 Tb de capacidade de balde).
A nova cámara chegará
ao mercado no mes de maio, a un prezo de 449 dólares cun obxectivo de 9
milÃmetros e a 549 dólares cun obxectivo de 9-27 milÃmetros.
VÃdeo promocional da nova cámara de Samsung
- Especificacións da Samsung SMART Camera NX Mini