Samsung presenta unha nova cámara con Wi-Fi e sensor de 20,3 MpÃxeles
xoves, 2 de maio do 2013
AÃnda que a mellora das cámaras dos móbiles sexa unha
tendencia con moito pulo, esa estrada tamén pode seguirse na outra dirección,
dotando ás cámaras cada vez dunha maior conectividade, algo no que parece
querer destacar Samsung, fabricante surcoreano que vén de presentar a súa nova SMART Camera
NX2000, unha cámara que consegue uns resultados profesionais á vez que
facilita compartir imaxes e vÃdeos cos amigos.
A Samsung SMART Camera NX2000 pode tomar unhas instantáneas impresionantes
grazas ao seu sensor CMOS APS-C de 20,3 MpÃxeles, capaz de captar imaxes
incluso en condicións de pouca luminosidade, que conseguen unha boa calidade
grazas tamén os motor DRIMe IV, que reduce o ruÃdo, mellora a velocidade e
consegue unha reprodución das cores máis fiel. A cámara pode funcionar cun
rango amplo rango ISO (de 100 a 25.600), pode disparar 8 imaxes por segundo e
incluso grava vÃdeo en Full HD.
- A cámara pode equiparse con ata 12 obxectivos intercambiables
Pode controlarse comodamente a través da súa pantalla táctil de 3,7 polgadas,
ten 14 modos de escena diferentes e incluso conta cun modo de disparo que toma
5 imaxes consecutivas para elixir a mellor
cara da persoa retratada que queiramos conservar. Pode equiparse con 12
lentes intercambiables diferentes mantendo un tamaño bastante compacto, polo
que resulta bastante práctica incluso para fotógrafos ocasionais. Entre as súas
lentes dispoñibles hai unha que permite dotar á NX2000 de capacidades 3D tanto
para fotografÃa como para vÃdeo, podendo despois ver os contidos en televisores
3D a través da saÃda HDMI que incorpora a cámara.
A conectividade desta cámara e Wi-Fi (con Wi-Fi Direct), coa posibilidade de
sincronizarse cos dispositivos de xeito doado a través de NFC, contando tamén
cunha aplicación de Samsung para móbiles e tablets con Android e iOS, de xeito
que faise doado o acceso sen fÃos aos contidos captados pola cámara incluso sen
contar cun punto de acceso Wi-Fi a man. Os usuarios incluso poden configurar un
atallo para poder publicar as imaxes en Facebook con só premer un botón.
A Samsung SMART Camera NX2000, mide 119 x 64,5 x 35,7 milÃmetros, pesa 228
gramos (sen baterÃa) e sairá á venda en branco, negro e rosa a un prezo de
649,99 dólares nos EE.UU. (497,47 euros), descoñecéndose polo momento a data e
prezo coa que chegará ao mercado europeo.