Samsung presenta unha nova pantalla de papel electrónico para a sinalización dixital
mércores, 28 de xaneiro do 2026
Samsung Electronics vén de anunciar o lanzamento mundial da súa nova pantalla Color E-Paper de 13 polgadas (modelo EM13DX), coa que amplÃa esta gama de sinalización dixital e introduce, por primeira vez a nivel comercial, unha carcasa elaborada con resina biolóxica derivada do fitoplancto. Trátase dunha pantalla ultradelgada, baseada en tecnoloxÃa de tinta dixital avanzada, cun consumo enerxético extremadamente reducido e pensada como alternativa directa á sinalización tradicional en papel no ámbito empresarial.
Como o modelo máis pequeno da familia Color E-Paper, a nova pantalla de 13 polgadas está orientada a espazos como estantes, mostradores, mesas ou portas, onde o papel segue a ser habitual. Cun tamaño semellante ao dun folio A4, ofrece unha resolución de 1.600 x 1.200 pÃxeles nunha relación de aspecto 4:3.
Incorpora unha baterÃa recargable integrada, conectividade USB tipo C e opcións de montaxe flexibles, o que permite a súa instalación sen necesidade de cableado permanente. Cun grosor de 17,9 milÃmetros e un peso de 0,9 quilogramos (incluÃda a baterÃa), facilita a colocación e a reubicación en función das necesidades de cada campaña. O algoritmo avanzado de procesamento de imaxe en cor de Samsung mellora a precisión cromática e a lexibilidade, suavizando gradacións e definindo contornos para acadar un resultado visual moi próximo ao do papel impreso.
O Color E-Paper de 13 polgadas é a primeira pantalla comercial que utiliza unha resina biolóxica derivada do fitoplancto na súa carcasa buscando asà reducir as emisións de carbono no proceso de fabricación en máis dun 40 %.
No uso diario, a pantalla mantén imaxes estáticas cun consumo enerxético nulo, mentres que as actualizacións de contido requiren unha cantidade de enerxÃa moi inferior á da sinalización dixital convencional, contribuÃndo á redución dos custos operativos a longo prazo.
A pantalla pode xestionarse tanto de maneira local como remota a través da aplicación Samsung E-Paper, dispoñible para Android e iOS, que permite actualizar contidos directamente desde dispositivos móbiles. Ademais, é compatible con Samsung VXT, a plataforma na nube da compañÃa para a xestión remota de dispositivos e contidos, que inclúe funcións especÃficas para optimizar a visibilidade e comprobar a fidelidade da cor antes da súa implementación.
Xunto a este modelo de 13 polgadas, Samsung avanzou que presentará por primeira vez unha versión de 20 polgadas na feira ISE 2026, que se celebrará en Barcelona do 3 ao 6 de febreiro. Esta ampliación súmase aos modelos actuais de 32 polgadas e reforza a aposta da compañÃa por unha oferta de sinalización dixital máis diversa para o ámbito profesional.
