Samsung presenta unha pantalla cadrada e outra transparente
luns, 27 de agosto do 2012
- As pantallas transparentes de Samsung poden ter aplicacións comerciais moi atractivas
Buscando innovar no sector das pantallas, Samsung Electronics
anunciou a pantalla LED
UD22B con formato cadrado (1:1) e a pantalla transparente NL22B, que non
están destinados ao mercado de consumo, senón a usos profesionais que poden
resultar moi atractivos, e que poderán verse en vivo nos vindeiros dÃas en
BerlÃn durante a feira IFA.
A pantalla LED UD22B é unha interesante opción para construÃr videowalls, por chegar cunha proporción
1:1, cunha diagonal de 21,6 polgadas e cun marco de só 5,5 milÃmetros, que
facilitan repartir un único sinal de vÃdeo entre ata 100 pantallas, coa vantaxe
de non ter que limitarse a disposicións rectangulares, senón que facilita unha
composición máis creativa.
Por outra banda, a pantalla transparente NL22B chega en formato panorámico
cunha diagonal de 22 polgadas, que estará dispoñible de xeito integrado nun
moble expositor que serve para amosar produtos dun xeito moi atractivo, con
imaxes e animacións que impresionen a quen pase por diante.
- As novas pantallas cadradas de Samsung poden interconectarse realizando composicións creativas
A pantalla transparente de Samsung vista en vivo