Samsung renova os seus encartables
mércores, 10 de agosto do 2022
Samsung
presentou hoxe a súa nova xeración de smartphones encartables, o Galaxy Z Flip4
e o Galaxy Z Fold4, que avanzan nas súas posibilidades de personalización,
capacidades para a produtividade e mellores experiencias con FlexCam, á vez que
avanzan en potencia.
No caso da Galaxy
Z Flip4, mantense o deseño icónico das xeracións anteriores, e incluÃndo caracterÃsticas
como unha experiencia de cámara mellorada e, moi especialmente, unha baterÃa de
maior capacidade (pasou de 3.300 a 3.700 mAh, cunha carga rápida que permite
completar o 50% da baterÃa en 30 minutos), polo que podemos confiar na súa
consolidación como o encartable de maior éxito en todo o mundo.
Este teléfono de atractivo deseño destaca por permitir facer selfies coa súa cámara principal co móbil pechado,
facendo uso da súa pequena pantalla exterior; pero tamén de contar cun modo
Flex no que a súa pantalla compórtase como dúas pantallas diferentes cando a
pantalla está algo encartada, o que facilita posibilidades como poder pousar o
móbil sobre unha mesa e que a cámara poidan enfocar ao usuario para poder gozar
da cámara frontal en mans libres (ideal para videoconferencias e redes
sociais).
O Samsung Galaxy Z Flip4 xa pode reservarse, chegando ás tendas o vindeiro dÃa
26 a un prezo que parte dos 1.099 euros para o seu modelo con 8 GB de RAM e 128
GB de almacenamento.
O Galaxy Z Fold4 dá un salto en produtividade e cámaras
O Galaxy Z
Fold4, pola súa banda, abre a porta a novas posibilidades, cunha
experiencia de uso máis completa, cun deseño que cambia de forma, pantallas
inmersivas e prestacións para a multititarefa, semellantes ás dun ordenador
persoas, ao que haberÃa que sumar unha avanzada tecnoloxÃa para as cámaras e un
procesador potente.
As vantaxes que chegan ao Z Fold4 veñen en boa medida pola integración de
Android 12L, versión do sistema operativo que aproveita a grande pantalla do
móbil para ter un mellor funcionamento na multitarefa a para incluÃr unha barra
inferior de aplicacións. Tamén integra S Pen, para poder gozar das bondades
propias dun Galaxy Note cunha pantalla de aÃnda maior tamaño.
Un cambio que si resulta de agradecer cos novos Galaxy Z Fold4 é que as súas
cámaras traseiras póñense na altura dos Galaxy S22, cunha cámara principal de
50 MpÃxeles, un ultra grande angular de 12 MpÃxeles en un teleobxectivo con
zoom óptico de 3x e 10 MpÃxeles.
O punto forte do móbil segue a ser a súa grande pantalla encartable de 7,6
polgadas cunha velocidade de refresco de 120 Hz e unha cámara frontal que se
agocha na pantalla. A súa bisagra é máis fina que no modelo anterior, os seus biseis tamén son
máis finos, e o seu procesador tamén mellora considerablemente, para equiparse
co máis potente do mercado de móbiles Android, un Snapdragon 8+ Gen 1 (que
tamén ten o Flip4).
O Samsung Galaxy Z Fold4 pode xa reservarse, chegando ás tendas o vindeiro dÃa
26 a un prezo que parte de 1.799 euros para o seu modelo con 12 GB de RAM e 256
GB de almacenamento.
VÃdeo de presentación dos novos encartables de Samsung