Samsung terá versións Lite do S10 e o Note10
xoves, 9 de xaneiro do 2020
Unha
das novidades de Samsung que máis atención captou nos últimos dÃas é a
presentación do novos smartphones que sairán á venda o 31 de xaneiro e que
ampliarán a súa gama alta actual cun par de teléfonos Lite que, en
contraste co que acontece con outras marcas, non serán versións moi recortadas
dos seus irmáns, senón pequenas variantes cun prezo un pouco máis axustado.
Temos asà os novos Galaxy S10 Lite o Galaxy Note10 Lite, que poderán mercarse a
prezos oficiais que parten dos 679 e 629 euros respectivamente, cantidades moi
inferiores ás de lanzamento dos seus irmáns maiores, pero bastante próximas aos
prezos de mercado actuais.
O Galaxy S10 Lite ten unha pantalla Super AMOLED Full HD+ de 6,7 polgadas
certificada para HDR10+, procesador de 8 núcleos, 6/8 GB de RAM, 128 GB de
almacenamento interno, cámara traseira tripla (cun sensor principal de 48
MpÃxeles) cámara frontal de 32 MpÃxeles, e baterÃa de 4.500 mAh.
Pola súa banda o Galaxy Note10, pese a incorporar o S Pen, compartirÃa boa
parte das prestacións, pero serÃa lixeiramente inferior, reducindo o sensor
principal da súa cámara traseira tripla a 12 MpÃxeles (aÃnda que incrementando
a súa apertura de f/2.0 a f/1.7), concesións coas que conseguen achegar os
móbiles con stylus a un publico maior, o que agradecerán enormemente os
amantes deste tipo de accesorio.