Samsung traballa nunha tecnoloxÃa Wi-Fi que funcionarÃa a 5 veces a velocidade actual
luns, 13 de outubro do 2014- O Samsung GALAXY Note Edge conta con conectividade Wi-Fi AC (2X2 MIMO), sendo un dos dispositivos coa conexión Wi-Fi máis rápida do mercado
AÃnda que as compañÃas de telecomunicacións parecen máis
centradas en mellorar as velocidades da banda larga móbil, tamén resulta de
grande interese optimizar as conexións sen fÃos nos ámbitos doméstico e
empresarial, para facer que os equipos que teñamos conectados a unha rede Wi-Fi
funcionen a velocidades equiparables aos que están en redes de cable, e nesa
liña nos últimos anos vimos como chegaban o Wi-Fi N e máis recentemente o Wi-Fi
AC, e dende Samsung non queren rematar aÃ, e anuncian que xa están a traballar
no que serÃa o Wi-Fi AD, un novo estándar que en vez de operar nas bandas dos
2,4 e 5 GHz, optarÃa pola banda dos 60 GHz conseguindo manter elevadas
velocidades e evitando interferencias.
Segundo as probas realizadas por Samsung, coa nova tecnoloxÃa Wi-Fi
conseguirÃan transmisións de datos de até 4,6 Gbps (ou sexa, 575
Mbytes/segundo) o que multiplicarÃa
por 5 as velocidades que teñen os dispositivos sen fÃos actuais, o que fai
máis doado que poidamos gozar de contidos en alta definición sen retardos. De feito,
estas novas conexións reducirÃan moito a fenda entre as velocidades teóricas e
a reais, de xeito que na práctica chegarÃan incluso a funcionar 10 veces máis
rápido que as conexións Wi-Fi actuais.
Espérase que este novo tipo de Wi-Fi comece a explotarse o ano que vén,
agardando Samsung aplicar esta tecnoloxÃa a produtos moi variados, que poden ir
dende equipos de telecomunicacións até trebellos audiovisuais e médicos,
considerando que pode xogar un papel relevante en fogares conectados.