Samsung trae a España as súas novas tabletas

xoves, 6 de xuño do 2019 Marcus Fernández

Samsung anunciou a chegada a España das súas tabletas Galaxy Tab S5e e Galaxy Tab A 10,1” 2019, coas que chegan a distintos perfís de usuarios, destacando o feito de que a Galaxy Tab S5e recibirá en breve unha actualización que permitirá o uso de Bixby en español, facilitando así o control mediante ordes de voz. Esta potente tableta tamén é compatible con Samsung DeX, ou sexa, que permite un uso semellante ao dun ordenador persoal, o que resulta moi atinado para traballos de produtividade.
A tableta Samsung Galaxy Tab S5e, presentada en febreiro, chega a un prezo de 439 euros con 64 GB de almacenamento e de 509 euros con 128 GB de almacenamento, nas súas versións con Wi-Fi, mentres que os modelos con conectividade 4G incrementan o seu prezo en 60 euros. Esta tableta ten un grosor de só 5,5 milímetros, un peso de 400 gramos e unha autonomía de até 14,5 horas.
Pero non todos os usuarios requiren dunha tableta de tan elevadas prestacións, de aí que teñamos tamén a Galaxy Tab A 2019, con pantalla de 10,1 polgadas con resolución WUXGA ten un grosor de 7,5 milímetros pero unha configuración moi inferior, con 2 GB de RAM e 32 GB de almacenamento nun modelo que véndese por 229 euros, mentres que por 269 euros podemos adquirir a versión con 64 GB de RAM.

JPEG - 31.7 KB
As tabletas Samsung Galaxy Tab A teñen configuracións modestas para poder manter un prezo contido

PUBLICIDADE