Samsung ultima a chegada da IA os dispositivos móbiles de alta gama do último ano
mércores, 27 de marzo do 2024
O lanzamento da familia de móbiles Samsung Galaxy S24 viña acompañado por innovadores funcións de intelixencia artificial exclusivas para estes dispositivos, pero coa promesa de que poderÃan chegar a dispositivos anteriores, e agora confÃrmase a data da ampliación de a Galaxy AI a máis dispositivos. Será o dÃa 28 de marzo cando a actualización de One UI 6.1 (incluÃndo intelixencia artificial) iniciará a súa distribución para dispositivos da familia Galaxy S23, para os encartables Galaxy Z Fold5 e Flip5 e para a familia de tabletas Galaxy S9.
Entre as funcións que chegan figuran Circle to Search (que permite debuxar un cÃrculo sobre a pantalla para indicar o elemento sobre o que queiramos iniciar unha busca en Google), Photo Assist (con varias funcións de edición fotográfica mediante IA), Chat Assist (que permite tirar proveito da IA en aplicacións de mensaxerÃa), Live Translate (que aplica a tradución automática a chamadas telefónicas e mensaxes), Note Assist (que facilita a organización de anotacións e a realización de resumos) e Transcript Assist (que facilita a realización de transcricións, asà como o seu resumo e a súa tradución).
Cómpre salientar que a función de Instant Slow-Mo que converte vÃdeos normais en vÃdeos de cámara lenta, non estará dispoñible no smartphone Samsung Galaxy S23 FE, deixando claro que as funcionalidades de IA están deseñadas de cara ao futuro, resultando complicada a súa implementación en dispositivos con hardware que non tiña prevista a execución de tarefas baseadas en IA.