Samsung venderá en España o seu monitor 3D de 22 polgadas
mércores, 1 de abril do 2009
En febreiro demos conta de
que grazas a tecnoloxÃa de nVIDIA era
posible ver en 3D xogos coma Left 4 Dead
(e un amplo
catálogo de xogos), aÃnda que para gozar desta experiencia era
recomendable o uso de pantallas polarizadas de Zalman, pero agora Samsung tamén
achega ao mercado español o seu monitor
SyncMaster 2233RZ que tamén abre a porta a esta posibilidade a
un prezo bastante aceptable (359 euros) para unhas prestacións tan
innovadoras.
O Samsung SyncMaster 2233RZ é un monitor de 22 polgadas, cunha resolución de
1.680 x 1.050 pÃxeles, 200 cd/m2 de brillo, un contraste dinámico de 20.000:1 e
un refresco de 120 Hz (o que permitirÃa achegar unha imaxe a 60 Hz a cada ollo),
aÃnda que para poder tirar proveito dos modos 3D é preciso non só contar cunha
tarxeta de vÃdeo de nVIDIA compatible con GeForce 3D Vision, senón tamén cuns lentes
especiais (tamén comercializados por nVIDIA).
AÃnda que esta tecnoloxÃa non parece estar ao alcance de calquera, con estas
solucións está a reducirse considerablemente o investimento preciso para poder
gozar dunha experiencia de xogos tridimensional, aÃnda que o feito de precisar
dunha combinación de moitos elementos fÃsicos é todo un atranco.