Samsung venderá o smartphone GALAXY Pop en varias cores para atraer á mocidade

mércores, 30 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Samsung presentou hoxe en Corea do Sur o novo terminal GALAXY Pop (SGHV-E220S), que vén a ser unha variación do GALAXY Premier que pode verse en Europa, pero dispoñible nunha ampla colección de cores refrescantes para atraer a un público mozo, chegando inicialmente en branco, pero contando en breve con versións en gris, laranxa e outras cores que contribuirán a popularizar este móbil de só 9,05 milímetros de grosor, que funciona cun procesador de catro núcleos a 1,4 GHz, 3G/LTE e Android 4.1.2.
Este novo smartphone de Samsung conta cunha pantalla Super AMOLED Plus de alta definición (1.280 x 720 píxeles) cunha diagonal de 4,65 polgadas, 8/16 Gb de almacenamento interno, cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, batería de 2.100 mAh e 133,9 gramos de peso, que vai pórse á venda por 700.000 wons (474 euros) incluíndo unha tapa abatible.

PUBLICIDADE