Samsung viste o Galaxy S6 Edge de Iron Man

martes, 26 de maio do 2015 Marcus Fernández

Samsung é un dos fabricantes que aproveitou o pulo do filme de Los Vengadores: La Era de Ultrón para promocionar os seus produtos, entre os que destacan os seus novos Samsung Galaxy S6 e S6 Edge, e agora sorprenden presentando unha edición limitada deste último terminal cunha aparencia externa baseada en Iron Man, lucindo as súas cores vermella e dourada, aí como o deseño do casco do home de ferro da Marvel na súa carcasa traseira.
Este Samsung Galaxy S6 Edge de Iron Man ten 64 GB de almacenamento interno e inclúe na súa caixa un cargador sen fíos inspirado no reactor de arco que leva Iron Man no seu peito. A caixa tamén presenta unha estética moi coidada, propia deste tipo de edicións tan exclusivas, que nesta ocasión só sabemos do seu lanzamento asiático, que será o 27 de maio en Corea do Sur e en China e Hong Kong en xuño, descoñecéndose se poderemos gozar en Europa desta rechamante versión dun dos smartphones insignia de Samsung.

JPEG - 82.6 KB
O Samsung Galaxy S6 Iron Man Limited Edition inclúe un cargador sen fíos inspirado no reactor de arco do home de ferro da Marvel


Vídeo co unboxing do novo smartphone de Samsung

PUBLICIDADE