Samurai Shodown II estrea versión para iOS e Android

luns, 1 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Un dos grandes éxitos de SNK a mediados dos anos 90 foi o xogo de loita Samurai Shodown Ii, nacido nas clásicas recreativas Neo-Geo que permitía encartar a 15 mestres das espada que enfrontarse no campo de batalla con numerosos ataques e unha estética moi característica que fixo que mantivese un nome ao longo do tempo, valéndolle conversións para cnosolas modernas (como a Wii, a Xbox 360 e a PlayStation 3) chegando hoxe tamén a iOS e a Android a un prezo de 7,99 euros.
O xogo é unha conversión perfecta da súa versión de Neo-Geo, á que se incorporaron novas características para mellorar a experiencia, como a posibilidade de combater empregando 6 botóns e un botón SP para facilitar a realización de movementos especiais empregando unha pantalla táctil. O xogo tamén permite empregar o Bluetooth para poder botar combates contra os amigos.

A conversión do xogo é fiel á súa versión de máquinas recreativas


Trailer da nova versión móbil de Samurai Shodown II

PUBLICIDADE