SanDisk presenta as súas tarxetas microSD de 1 TB
luns, 25 de febreiro do 2019
As tarxetas de memoria para dispositivos móbiles continúan a
súa carreira por conseguir grandes capacidades de almacenamento en dimensións
moi reducidas, mantendo grandes velocidades de acceso, e a marca SanDisk
(pertencente a Western Digital) está a aproveitar a celebración do Mobile World
Congress para presentar o seu novo grande salto en tarxetas microSD, de xeito
que a SanDisk
Extreme UHS-I pasará a estar dispoñible até
nunha capacidade de 1 TB, o que resultará de grande utilidade para
creadores de contidos que queiran captar vÃdoe en ultra alta definición dende
smartphones, cámaras de acción ou drons.
Estas tarxetas de memoria en formato microSDXC gozan de velocidades de lectura
de até 160 MB/segundo e de escritura de até 90 MB/segundo, polo que son aptas
para a gravación de vÃdeo en altas resolucións ou para a toma de fotografÃas de
alta calidade sen compresión, estando certificadas tamén para un rápido
funcionamento en dispositivos móbiles e podendo incluso empregarse no lector
MobileMate USB 3.0, de xeito que os contidos rexistrados poderán transferirse a
un equipo informático á máxima velocidade que permiten estas tarxetas, axilizando
fluxos de traballo.
As novas tarxetas microSDXC de SanDisk de 1 TB chegarán ao mercado en abril a
un prezo que nos EE.UU. será de 449,99 dólares, mentres que o modelo de 512 GB
contará máis o seu prezo, quedando en 199,99 dólares.