SanDisk presenta unha unidade USB que comparte os seus contidos a través de Wi-Fi

luns, 22 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Combinando as vantaxes dunha unidades de memoria USB e dun almacenamento en liña chega o SanDisk Connect Wireless Flash Drive, unidade dispoñible en capacidades de 16 e 32 Gb que, aparte de permitir a carga e acceso aos seus contidos a través de USB, pode conectarse a través de Wi-Fi con smartphones e tablets con iOS e Android para acceder a través dunha aplicación móbil a documentos, música, fotografías e películas almacenados nos dispositivo sen precisar de cables e permitindo a conexión con ata 8 dispositivos dos que ata 3 poderían estar a reproducir contidos multimedia de xeito simultáneo, converténdose nunha excelente solución para gardar os vídeos ou a música que queiramos reproducir dende os nosos trebellos móbiles sen ocupar espazo no súa sempre escasa unidade de almacenamento interna.
Esta solución pode funcionar sen contar cun router Wi-Fi, ten unha batería interna recargable (por USB) que permítelle servir ata 4 horas de vídeo cunha carga, e para dispositivos sen fíos para os que non se conte coa aplicación oficial de SanDisk tamén será posible acceder aos contidos da unidade a través dun explorador de arquivos vía web.
Esta nova unidade de memoria, que nos EE.UU. véndese a 49,99 e 59,99 dólares para as súas versións de 16 e 32 Gb respectivamente, mide 77,96 x 26,64 x 13,76 milímetros e pesa 27 gramos.

Os contidos almacenados na nova unidade de SanDisk están dispoñibles dende dispositivos móbiles a través de Wi-Fi

PUBLICIDADE