Sanción de 375.000 euros para a páxina web de descargas x-caleta.com

xoves, 21 de xuño do 2018 Marcus Fernández

O Boletín Oficial do Estado recolleu onte a primeira sanción administrativa contra unha páxina web de descargas que incluíse unha cantidade económica asociada e non só instase ao peche do servizo infractor do Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual (TRLPI).
Falamos concretamente dunha notificación a Raúl Villanueva Caro, titular de x-caleta.com (servizo que pasaría a responder por x-caleta2.com), que realízase a través do BOE ante os fracasos de notificación aos seus domicilios coñecidos. Os procedementos sancionadores contra x-caleta.com resolvéranse en xuño de 2016 e xullo de 2017, iniciándose o procedemento sancionador da Secretaría de Estado de Cultura o pasado 22 de marzo no que recóllese que Villanueva cometeu feitos constitutivos de infracción administrativa moi grave, o que suporía unha multa de 375.000 euros, esixíndose tamén o cesamento da actividade infractora que, de non realizarse de xeito voluntario, requirirá a colaboración dos provedores de servizo de intermediación para impedir que continúe a actividade ilícita.
O máis curioso deste caso é que parte dunha denuncia de AGEDI contra un cidadán peruano con residencia en Perú, polo que dificilmente este procedemento administrativo vaia rematar co pagamento da sanción imposta, resultando tamén bastante difícil que poida evitarse a reincidencia.

PUBLICIDADE