Sand Land estrea versión de demostración
martes, 19 de marzo do 2024
Bandai Namco vai lanzar o 26 de abril un xogo de rol de acción baseado en Sand Land, manga de Akira Toriyama (autor xaponés falecido este mesmo mes, lembrado especialmente por ser o creador de As Bólas Máxicas), que en breve tamén vai contar con adaptacións audiovisuais, conseguindo asà estar de plena actualidade pese a ser unha obra plasmada no papel no ano 2000.
Sand Land permitirá adoptar o rol de Beelzebub, o prÃncipe dos demos, quen explorará un mundo desértico no que humanos e demos padecen por mor dunha seca extrema. No xogo haberá que controlar os poderes e liderar a un grupo de heroes inadaptados, asà como construÃr numerosos vehÃculos e transformar a base de operacións nunha cidade próspera devolvendo a auga á xente.
Pero quen queira saber o que ofrecerá este xogo non terá que agardar a finais de abril, senón que xa é posible descargar a súa versión de demostración para consolas PlayStation, Xbox Series X|S e PC (Steam), plataformas nas que tamén está dispoñible o xogo para a súa compra anticipada tanto na súa edición normal como na súa edición de luxo (que inclúe numerosos contidos adicionais).
Tráiler da demo de Sand Land