Sanidade empregará o robot Robin de Microsoft para orientar ós mozos en materia de educación sexual

xoves, 3 de xaneiro do 2008

O Ministerio de Sanidade e Consumo vén de anunciar que o vindeiro día 9 de xaneiro do presente 2008 vai asinar un acordo de colaboración con Microsoft Ibérica mediante o cal esta última aportaralle a Consumo o robot Robin, un asistente de Windows Live Messenger dirixido a axudar e a orientar ós máis novos sobre cuestións relacionadas coa prevención de enfermedades de transmisión sexual e co consumo de alcohol.
O acto terá lugar no IES Joaquín Rodrigo (en Madrid) ás 10:30 horas e estará presidido polo ministro de Sanidade e Consumo Bernat Soria e pola presidenta de Microsoft Ibérica, Rosa García.

PUBLICIDADE